O Tribunal Supremo (TS) aumentou de dous anos, tres meses e un día a dez anos de inhabilitación a condena imposta ao xuíz Fernando Ferrín Calamita por un delito de prevaricación xudicial por atrasar a adopción dunha menor que fora solicitada pola compañeira sentimental da nai biolóxica.
O alto tribunal admitiu parcialmente os recursos do fiscal, o xuíz e a muller que ía adoptar contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia que o condenou por un delito de retardo malicioso na Administración de Xustiza co agravante de desprezo da orientación sexual. O Supremo, no entanto, en lugar dese delito aprecia agora o de prevaricación, tal e como solicitaron o Ministerio Fiscal e a acusación particular.
A Sala do Penal do TS considera que a intención do xuíz era impedir a aplicación da solución adoptada pola lei, que admitiu o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e previu o suposto de que o adoptado fose fillo do consorte do adoptante--aínda que "actuase en paralelo a unha ideoloxía xurídica ou metaxurídica propia ou dalgún sector social".
Ademais da pena de inhabilitación, o TS imponlle a Ferrín Calamita unha multa de 720 euros e unha indemnización de 6.000 euros para a muller que pretendía adoptar.
O TSX de Murcia concluíu que o xuíz, -que se atopa suspendido-, levado pola súa convicción de que o matrimonio homosexual é daniño para os menores, quixo "atrasar ao máximo a resolución do asunto, ben pola esperanza de que prosperase o recurso formulado por un partido político -o PP- ou ben para aburrir". O Supremo considera que os acordos adoptados polo xuíz non só implican unhas "inxustas resolucións retardatorias" senón tamén un "despregamento de activa obstrución belixerante" para impedir a aplicación da lei, especialmente -engade- cando trataba de cuestionar a idoneidade para a adopción pola orientación sexual da muller.
Aínda que recorda que a lei establece o interese superior a protexer é o do menor, para o que terá que terse en conta a idoneidade dos adoptantes, o TS sostén que foi "anormalmente desprazada no tempo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario